logo

INNOVATUR - Obradoiros de Innovación turística

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín  unhas xornadas de innovación turística e uns obradoiros interactivo-turísticos, financiados polo proxecto EUROCIDADE II  aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios  a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.  

Esta iniciativa ten como obxectivo principal crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran intercambiar experiencias no sector da innovación turística e realizar un microproxecto turístico na Eurocidade Chaves-Verín, co fin de promocionar e estimular o turismo na zona.

Obxectivos:
1. Dar a coñecer a zona transfronteiriza mediante o desenvolvemento turístico promovido pola mocidade.
2. Apoiar proxectos de innovación turística
3. Promover fórmulas creativas e innovadoras de emprendemento no sector turístico a través de proxectos dirixidos a diferentes sectores de poboación.

Destinatarios:
Mozos e mozas residentes en la Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, con prioridade para os residentes na Eurocidade, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos, cos seguintes perfís:
- Profesional do turismo
- Estudantes de turismo
- Promotores turísticos
- Mozos e mozas que queiran emprender no sector turístico



Prazas:
- 20 prazas para as Xornadas de innovación turística
- 10 apoios a proxectos dos Obradoiros interactivo-turístico

1) XORNADAS DE INNOVACIÓN TURÍSTICA
- Finalidade: elaboración dun posible produto turístico da zona que preferentemente será creativo e innovador. Aplicarase unha metodoloxía de traballo en equipo e os participantes contarán co apoio e asesoramento dun coach especialista en turismo e outro en turismo deportivo. 
- Datas das xornadas: 13 ao 14 de marzo
Ubicación: Oficina da Eurocidade Chaves Verín (antigo posto transfronteirizo, Feces de Abaixo)
- Modalidade: presencial

2) OBRADOIROS INTERACTIVOS-TURÍSTICOS
- Finalidade: estimular a innovación e a profesionalización de mozos e mozas galegos dentros dos parámetros da creatividade e o emprendemento turístico. Os participantes comprométense a desenvolver o traballo previamente conveniado por un período de dous meses e unha vez finalizada a acción deberá presentar unha memoria da súa execución. Asinarase un contrato co/a mozo/a conforme se vai a desenvolver o traballo ao que se compromete.
- Apoio: todos os gastos para a execución da acción coas directrices pactadas.
- Os participantes contarán con un servizo de titorización en liña para:
  1. Difusión de produto, os mozos e mozas que xa teñen configurado o seu produto na Eurocidade, poderán acollerse á difusión do mesmo nas achegas interactivas a través da concreción e edición dun folleto.
  2. Distribución do produto, os que xa teñen configurado o seu produto farase chegar por diferentes vías a todoa Galicia e fóra da mesma.
  3. Presentación do produto, apoio persoal e personalizado sobre comunicación ante diferentes posibles clientes.
  4. Difusión videográfica: a través desta liña de achega poderán crear un video sobre o se produto, para a súa difusión mediática.
  5. Difusión internet: apoio para facer e autoxestionar unha web de xeito rápido, económico e sinxelo a través dunha plataforma de internet
- Data do obradorio: do 1 de abril ao  30 de maio de 2014
- Modalidade: Non presencial

Inscrición:
1. Envío do formulario electrónico
2. Envío en formato PDF ao enderezo de correo ofixuvetrans.verin@gmail.com, a seguinte documentación:
    - Curriculum vitae
    - Publicacións
    - notas de prensa ou calquera documento que o participante considere oportuno para  avalar a súa labor creativa ( todo nun único documento, máximo 10 páxinas, en formato PDF), no que ademais deberá incluírse unha proposta  idea a modo de guión, de extensión máxima de 6 folios – PDF que deberá estar relacionada dalgún xeito co microproxecto a desenvolver.

Prazo de solicitudes: 19 de febreiro ao 7 de marzo de  2014.

Mais información:
- Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (situada na sede da Eurocidade)
- Email: ofixuvetrans.verin@gmail.com
- Teléfono de contacto (+34) 988416017
- Xuventude.net
web engineered by hostname.pt