logo

Formación gratuíta para obtención da TPC

En España, un dos requisitos solicitados para traballar legalmente en construción é a obtención da tarxeta profesional de construción. Sen ela non se pode concorrer aos postos de traballo neste sector.

¿Que é a Tarxeta Profesional de Construción?

A Tarxeta Profesional de Construción (TPC) é un documento que acredita, entre outras cousas, o seguinte: a formación que reciben os traballadores do sector na prevención de riscos laborais, estatuto profesional, e os seus períodos de ocupación nas varias empresas en que exercese a súa actividade.

Consulta nesta ligazón tódolos requisitos para a súa obtención









Formación gratuíta na Eurocidade Chaves-Verín para obtención da Tarxeta Profesional de Construción (TPC)

A sede da Eurocidade Chaves-Verín acollerá a realización dunha actividade formativa gratuíta para a obtención da Tarxeta Profesional da Construción (TPC), organizada pola Xunta de Galicia e a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, e conta coa colaboración da Fundación Laboral de la Construción de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela e Eurocidade Chaves-Verín.

Esta formación lévase a cabo a través dun convenio entre distintas entidades españolas e portuguesas, que permitirán que o alumnado que a realice vexa mellorada a súa empregabilidade.
 

NIVEL BÁSICO DE PREVENCIÓN EN CONSTRUCIÓN

Duración: 60 horas


Datas: 10/03/2014 ao 27/03/2014. Os días 13 e 14 non son lectivos.


Horario: Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas


Impartición: Dependencias da Eurocidade Chaves-Verín (Antiga Alfándega Española) Avda. de Portugal, Feces de Abaixo 32699 – Verín (Ourense)


Prazas: 25


Custo: GRATUÍTO


Destinatarios: Traballadores ocupados ou en situación de desemprego de Galicia e Portugal. O 40 % das prazas está reservada a cidadáns de nacionalidade portuguesa


Procedemento de Inscrición:
Poderá solicitar a súa praza a través do formulario web
Ou cubrindo o formulario abaixo.
Unha vez cubertos os seus datos pode facernos chegar este formulario a través do enderezo de correo: ourense.galicia@fundacionlaboral.org ou do número de fax: (+34) 988213039

Máis información:

Fundación Laboral de la Construcción de Ourense
cvazquez@fundacionlaboral.org
Telf: (+34) 988 364 536

Criterios de Selección: Daranse prioridade aos alumnos en situación de desemprego, cubrindo o resto das prazas por orde de inscrición.

Temario do Curso
Módulo 1. Conceptos básicos sobre seguridade e saúde.
Módulo 2. Riscos xerais e a súa prevención.
Módulo 3. Riscos específicos e a súa prevención no sector da Construción
Módulo 4. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos.
Módulo 5. Primeiros auxilios.

web engineered by hostname.pt