logo

Curso de español na Eurocidade

A Eurocidade Chaves-Verín e Antena Local de Verín (Cámara de Comercio e Industria de Ourense) promoven a realización dun curso de español, que terá lugar do 27 de xaneiro ao 14 de febreiro. Esta actividade formativa de 40 horas, que conta co apoio do Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ)  e a colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, impartirase de luns a xoves, de 18.30 a 21.30 horas (horario español), na sede da Eurocidade (antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo).

Esta iniciativa gratuíta está destinada a vinte alumnos, e durante a mesma proporcionarase aos/ás participantes prácticas de comprensión-lectora, escritura, oralidade e reflexión sobre o coñecemento do idioma que lles permita consolidar e afondar coñecementos culturais e lingüísticos, e transitar para un nivel máis avanzado da aprendizaxe da lingua española e o seu ingreso no currículo da lingua materna regular. Os principais obxectivos desta actividade formativa son a lingüística (coñecemento da gramática e léxico, pronunciación e ortografía), pragmática (posibilita a relación entre os elementos lingüísticos, o contexto e os usuarios) e sociolingüística (coñecemento das convencións da lingua, dos diferentes rexistros e dialectos e a capacidade de interpretar referentes culturais). Ao finalizar o curso, a organización entregará un diploma aos alumnos que acrediten a súa asistencia ao 75% das horas lectivas.

A inscrición para participar no devandito curso debe realizarse na sede da Eurocidade (Feces de Abaixo), Antena Local de Verín (casa consistorial de Verín), Município de Chaves (Edificio Polis) ou Loja Ponto Já (Associação A Voz da Juventude).





Máis información nos teléfonos 988-416017 // 988-410000 //  +351 276340500 // +351 939880500, respectivamente, correos electrónicos info@eurocidadechavesverin.eu, antenaverin@camaraourense.com, geral@avozdajuventude.com e páxinas web www.eurocidadechavesverin.eu e www.camaraourense.com.

Poderá aínda efectuar a súa inscrición enviando-nos a ficha de inscrición cuberta a un dos correos electrónicos enriba indicado.
web engineered by hostname.pt