logo

V Semana da Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves - Verín

07-10-2013
Dende o día 07 ao 10 de outubro, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a V Semana da Educación e Seguridade Viaria, destinada a sensibilizar a poboación de ambos municipios, especialmente aos máis novos, das diversas formas correctas de comportamento en educación e seguridade viaria.
Unha iniciativa enmarcada dentro do 'Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín' que pretende servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, así como unir esforzos, intercambiar experiencias, dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente, fomentando a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, e sensibilizar aos/ás  cidadáns/nas das actitudes idóneas para reducir o número de accidentes de tráfico nesta zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas. 
Devandito proxecto nacido no ano 2009 e motivado pola adhesión á Carta Europea de Seguridade Viaria, conseguiu un dos galardóns dos ‘Premios de Excelencia en Seguridade Viaria’, entregados pola Comisión Europea aos seis compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea da Seguridade Viaria, e inclúe á realización de accións concretas como: charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, ou mantemento e reposición de sinais de tráfico, entre outras.
Durante a V Semana da Educación e Seguridade Viaria realizaranse actuacións como “II Foro de Seguridade Viaria na Eurocidade”, circuíto de karts e exhibición de medios no que participarán 280 menores do último curso de primaria de colexios de Verín e Chaves.
web engineered by hostname.pt