logo

Maratón de Fútbol 7 Eurocidade

05-07-2013

Durante o fin de semana do 20 e 21 de xullo, o municipio de Verín acollerá a o Maratón de Fútbol 7 'Eurocidade', organizado pola Eurocidade Chaves-Verín, a área de Deportes do Concello de Verín e coa colaboración da A.D. Veteranos Verín e Cabreiroá.

Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:

  • 1º Premio (1.200 € máis trofeo),
  • 2º Premio (500 € máis trofeo),
  • 3º Premio (150 € máis trofeo),
  • 4º Premio (Trofeo).
  • Trofeo ao mellor porteiro e xogador.


Os equipos que cumpran as normas de 'Equipo da Eurocidade' tamén poderán optar a outros dous premios:

  • 1º Local (300 € máis trofeo),
  • 2º Local (150 € máis trofeo).

Para optar aos premios locais, os equipos deberán contar como mínimo con sete xogadores pertencentes ao Concello de Verín ao Municipio de Chaves, acreditando a súa residencia coa Tarxeta do Eurocidadán (que poderán solicitar no Concello de Verín na Câmara Municipal de Chaves e na Sede da Eurocidade en Feces de Abaixo).
  
Ata o día 18 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto.
Para máis información poden contactar cos seguintes teléfonos: 660 776 564, 679 974 483 e 670 267 986.

web engineered by hostname.pt