logo

Local de ensaio Eurocidade: actividades de creación e mostra musical

03-05-2013
A oficina da Eurocidade Chaves-Verín conta con un Local de Ensaio para que todos aqueles mozos e mozas da zona afeccionados a música, poidan ensaiar, de xeito individual ou en grupo. Preténdese que o local de ensaio sexa un punto de encontro da actividade musical da Eurocidade e zonas limítrofes.

Para facilitar que a mocidade galega e portuguesa afeccionados e semiprofesionais no eido musical poidan tocar conxuntamente e presentarse ante o público e intercambiar as súas experiencias, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar durante os meses de maio e xuño ten previsto levar a cabo as seguintes actividades:

1. APP-music: Taller de Aplicacións Móbiles para Espazos Musicais

Ten por finalidade aprender a crear unha aplicación para o móbil. Desenvolverase en dous sesións: 18 e e 25 de maio (A app do noso espazo!). Os dous obradoiros terán lugar de 18 a 20 horas (horario local) e a data límite para inscribirse neles é o 15 de maio de 2013. É necesario asistir ás dous sesións para poder obter o certificado de asistencia (inscrición deixando o nome, apelidos, enderezo electrónico e teléfono de contacto -o aforo máximo é de 15 persoas).

2. A mostra musical do local de ensaio Chaves-Verín e os creadores

Ten por finalidade facilitar a oportunidade de tocar en público a amosar as súas creacións. Esta actividade realizárase o sábado día 1 de xuño ás 19 horas (horario local). Só hai que solicitar a participación por enderezo electrónico a info@ensaiochavesverin.eu   deixar o nome, apelidos, nome do grupo ao que se pertence, mail e teléfono de contacto. As solicitudes recibidas pasarán por un proceso de selección, xa que só poderán participar catro grupos (a data límite para inscribirse é o 25 de maio de 2013)

Máis información na Oficina Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo), no correo electrónico info@ensaiochavesverin.eu ou no teléfono 988 416 017.

Máis información na página web do Local de Ensaios
web engineered by hostname.pt