logo

IX Maratón BTT – Rota do Presunto

03-09-2013
O vindeiro domingo 15 de setembro terá lugar a IX Maratón BTT ‘Rota do Presunto’, organizada polo BTT Club de Chaves e enmarcada dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Chaves-Verín.
A Maratón BTT ‘Rota do Presunto’, que xa chegou a súa novena edición, conta por cuarto ano consecutivo coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, converténdoa en parte do seu programa de actividades deportivas destinadas a promover a converxencia deportiva, cultural e ambiental entre os municipios de Chaves e Verín. A ‘Rota do Presunto’ é un evento deportivo con gran impacto a nivel de participación dos/as cidadáns/nas, xa que o ano pasado contou cunha participación de máis dun millar de persoas, procedentes de diferentes localidades de Portugal e España. 
Os/As participantes poderán escoller un dos dous percorridos -maratón e medio maratón-, con distancias aproximadas de 80 e 50 quilómetros respectivamente. Estes percorridos, nos que os/as participantes atravesarán camiños e serras entre Chaves e Verín, teñen un grao de dificultade física media e alta. Os/As acompañantes tamén foron incluídos/as pola organización, e na mesma xornada terán lugar actividades Tamén se programa a opción dun paseo guiado, de 25 quilómetros.

  • Programa

Sábado, 14 de  Setembro
20:00 Apertura da secretaría.
Entrega de documentación, números e recordos.
21:00 Apertura de especialidades gastronómicas:
Buffet de benvida con caldo verde, pasteis de Chaves, xamón, pan de centeo e diversas bebidas.
Animación musical
22:00 Sorteo 5 xamóns

 Domingo, 15 de setembro
07:00 Apertura da secretaría.
Entrega de documentación, números e recordos.
08:30 Concentración.
8:45 Breefing.
9:00 Saída Oficial da "IX Maratona Rota do Presunto".
10:30 Chegada estimada da visita guiada.
11:30 Chegada prevista dos primeiros atletas en cumprir coa media maratón.
13:00 Chegada prevista dos primeiros atletas en cumprir co maratón.

O xantar sérvese a partir das 12:30 horas

  • Percorrido:
Media maratón: 44,72 km
Maratón: 77,05 km

  • As inscricións estarán abertas ata o día 13 ás 23:00h
(Todo hora local: PT)
  • Máis información
http://www.bttclubedechaves.net/novo/index.php/provas-atividades/atividades-nos-ano-2012/146-ix-rota-do-presunto
web engineered by hostname.pt