logo

II Torneo de Fútsal Ervededo na Eurocidade

16-05-2013

A cidade de Chaves acollerá entre os días 10 ao 26 de Xullo o 2º Torneo de Fútsal Ervededo, organizado polo club ERVEDEDO Fútsal e coa colaboración do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín.
Este ano, a través do apoio da Eurocidade Chaves-Verín, o torneo alongará a súa participación aos equipos de Verín, facendo deste torneo un evento deportivo transfronteirizo e un nexo de unión entre os dous Concellos fronteirizos.

O torneo divídese en tres fases:

  •     Torneo Sénior Masculino, pola semana de luns a venres entre as 20 h 00 e as 23 h 00.
  •     Torneo sub-12 que será simultáneamente co Torneo Sénior Masculino
  •     Torneo Feminino, que será en modelo maratón, nos días 20 e 21 (sábado e domingo).


Todos os partidos serán realizados no Pavillón Municipal de Chaves.

  •     Masculino Sénior:

Inscrición: 100 Euros
Máximo 24 Equipos
Premios:
          - 1. º clasificado: 500 Euros + Trofeo
          - 2. º clasificado: 250 Euros + Trofeo
          - 3. º clasificado: Trofeo

  •     Feminino Sénior:

Inscrición: 50 Euros
Mínimo 10 Equipos (alteración do premio)
Premios:
          - 1. º clasificado: 200 Euros + Trofeo
          - 2. º clasificado: 100 Euros + Trofeo
          - 3. º clasificado: Trofeo

  •     Sub-12:

Inscrición: Gratis
Máximo 12 Equipos
Nacidos ata 2001

O prazo de inscrición para os equipos será ata o 8 de Xullo.
Sorteo a realizar o día 8 de XULLO, sobre as 20 h 30, na Sede do Club (Pavillón Municipal de Chaves)

CONTAMOS CO SEU EQUIPO.
web engineered by hostname.pt