logo

Festival de Bandas de Garagem na Eurocidade

28-10-2013
A Eurocidade apoia, por segundo ano consecutivo, o Festival de Bandas de Garagem -Chaves Underground na Eurocidade Chaves-Verín-, que se realizará os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro no Centro Cultural de Chaves.

No evento acutarán bandas locais do territorio da Eurocidade, como Green Plant, Origins, Clave, WallSmille que contarán tamén coa a participación de DJ's. O festival terá inicio ás 22.30 horas (hora local) no Garagem Centro Cultural de Chaves, un local con aproximadamente 1.000 metros cadrados, que foi organizado de modo que 800 m2 libres puidesen ser utilizados para a realización de eventos deste xénero; e ademais as paredes do espazo cultural foron decoradas con graffitis realizados por mozos/as flavienses e verinenses na 1ª edición deste festival, co obxecto de conceder ao espazo unha decoración urbana e moderna, e aos/ás rapaces/as a oportunidade de mostrar a súa -arte- ao publico.
 
Esta iniciativa forma parte do programa de actividades culturais desenvolvido pola Eurocidade, co obxectivo de fomentar unha colaboración conxunta entre os dous municipios na organización de actividades comúns e promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizando flavienses e verinenses dos dous lados da fronteira, para impulsar neles un sentimento de eurocidadanía e de pertenza a un único territorio, baseado na cooperación transfronteiriza. Ademais o mesmo permitirá incentivar a utilización do Local de Ensaios da sede da Eurocidade Chaves-Verín, situado na antiga aduana española, en Feces de Abaixo, onde as bandas dispoñen dun espazo debidamente equipado e gratuíto para ensaiar a súa música.
web engineered by hostname.pt