logo

Festa Jam-Session no Local de Ensaio da Eurocidade Chaves-Verín

30-05-2013

    O Local de Ensaio da Eurocidade Chaves-Verín acollerá o vindeiro sábado 01 de xuño, a partir das 19 horas (hora local), a 'Festa Jam-Session', aberta ao público en xeral e destinada aos grupos usuarios do local e outros axentes musicais da zona da Eurocidade, co obxecto de difundir a acción cultural do espazo, transmitir a súa vocación de ser centro de unión e intercambiar experiencias entre músicos/as dos dous lados da fronteira.

    Tras a benvida e presentación, terá lugar o concerto no propio local dos grupos Blash (Chaves), Boston George (Verín), Breedshell (Verín) e Manuel Mateus (Chaves). A partir das 20.15 horas (hora local), será a quenda para a música tradicional no xardín exterior coa Charanga Támega (Verín), Bombos de Ventuzelos (Chaves) e Projecto Enraizarte (Chaves). E para finalizar unha sesión DJ, ás 21 horas (hora local), con Chaves-Verín Conspiracy DJ’s (Chaves-Verín).

    Esta iniciativa forma parte da programación para potenciar a creatividade musical, que se está a realizar durante o mes de maio, e está enmarcada no proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), no que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves. A mesma tamén incluíu a realización dun APP-music, para a creación de aplicacións móbiles para espazos musiciais.

    O Local de Ensaio, situado na sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo), ten coma finalidade que todos/os os/as mozos/as da zona afeccionados a música, poidan ensaiar, de xeito individual ou en grupo, e sexa un punto de encontro da actividade musical da Eurocidade e zonas limítrofes. Máis información na páxina web http://www.ensaiochavesverin.eu/gl

web engineered by hostname.pt