logo

Día Mundial da Infancia

16-05-2013

A Eurocidade Chaves-Verín está desenvolvendo diversas iniciativas educativas e lúdicas para conmemorar o Día Mundial da Infancia, como xa vén facendo en anos anteriores.

Este ano realizarase o 30 e 31 de Maio nas escolas de Chaves onde a Eurocidade levará a maxia aos nenos dos colexios mentres que o 31 de maio se realizará Verín, coincidindo coa Clausura das Escolas Deportivas do Concello de Verín. Será o mago Teto, xunto con diversas actuacións, os encargados de facer que sexa un día especial para os/as nenos/ás buscando promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, promover o interese pola cultura, por unha ocupación saudable do tempo de ocio entre os 'eurocidadáns'.

Están todos invitados!
web engineered by hostname.pt