logo

Curso de recursos turísticos

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca un curso de recursos turísticos que se realizará na Oficina transfronteiriza de información xuvenil da Eurocidade Chaves- Verín,  contando coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas aos mozos e mozas que precisan dunha formación adicional para emprender unha actividade.

Nos últimos anos, o noroeste da Península Ibérica, foise posicionando como destino turístico, non só a niveis nacionais, senón tamén a niveis europeos. O sector turístico é unha vía aberta para zonas descoñecidas e con un gran potencial turístico cultural como é Galicia e norte de Portugal.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios  a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.

 

Obxectivo:

Ten por finalidade amosar aos participantes, de forma eminentemente práctica, as posibilidades, novas tendencias e a evolución do sector, para que os mozos e mozas creen as súas propias empresas e se queden a vivir e a traballar na zona transfronteiriza galego-portuguesa, contribuíndo ao desenvolvemento da mesma.

Destinatarios/as:

mozos e mozas galegos/as e portugueses/as en situación de desemprego ou en proceso de formación con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

Selección: por orde de inscrición.

Número de prazas: 20 participantes

Duración: 60 horas (28 lectivas e 32 de prácticas)

Lugar de impartición: Oficina da Eurocidade Chaves-Verín, antigo Posto Fronteirizo sito en Feces de Abaixo

Datas e horario: realizárase entre o día 2 e o 11 de abril en horario de mañá e tarde de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00h a 20:00 h

Data de inscrición: Do 11 ao 27 de marzo de 2013, mediante formulario electrónico.

Máis información en:

Teléfonos: 981 541 688 ou 981 544 854, de 9:00 a 14:00 horas

Correo electrónico: xuventude@xunta.es

Os/as seleccionados/as comunicáraselle a súa admisión por correo electrónico.



Programa do curso:
http://xuventude.xunta.es/uploads/PROGRAMA20CURSOcx1.pdf

Formulario:
http://xuventude.xunta.es/201209289962/curso-de-recursos-turisticos.html

web engineered by hostname.pt