logo

Curso de escritura creativa en portugués na Eurocidade



A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca un 'Curso de escritura creativa en portugués na Eurocidade Chaves-Verín', enmarcado dentro do proxecto Eurocidade II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Obxectivos:

  • Promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza galego-portuguesa.
  • Dar os primeiros pasos para corrixir as actitudes lingüísticas, os posibles prexuízos que poidan amosar co idioma portugués
  • Desbotar os conceptos estereotipados que teñan de cara a cultura, a sociedade ou a propia literatura deses países, hoxe de importancia capital, como pode ser o Brasil.

Este curso conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en programas europeos.

Destinatarios: mozos/as con idades comprendidas entre 18 e 30 anos e que teñan coñecementos intermedios  de lingua portuguesa.

Número de prazas:
(deste curso gratuíto) 15 -esixíndose un grupo mínimo de 8 persoas para realizalo-, ten carácter presencial e 70 horas de duración.

Lugar de realización:  impartirase na sede da Eurocidade Chaves-Verín (antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo) do 18 de marzo ao 10 de abril, de luns a venres de 16 a 20 horas -salvo Xoves e Venres Santo-.  É requisito imprescindible para a realización deste curso que os/as interesados/as teñan coñecementos intermedios de lingua portuguesa.
 
Prazo de inscrición: ata o 14 de marzo, no seguinte link

http://xuventude.xunta.es/201209289823/curso-de-lingua-portuguesa.html


Para máis información contactar:

Telefonos: 981 541 688 ou 981 544 854, de 9 a 14 horas.

http://xuventude.xunta.es/201302219822/curso-de-escritura-creativa-en-portugues.html

28-02-2013

 

web engineered by hostname.pt