logo

Circuíto de Creatividade 2013

O Circuíto de Creatividade enmárcase no espazo Xuvenil Transfronteirizo, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e polo Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

O principal obxectivo do proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os mozos se queden a vivir e traballar na zona transfronteiriza galego-portuguesa.

Conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega e portuguesa, co fin de manifestar a súa disposición a participar naquelas actividades  de interese para os mozos e a sociedade en xeral, e poñendo a disposición a mobilización de recursos e coñecemento para o bo desenvolvemento de actuación relacionadas co seu ámbito de traballo.

Circuíto de Creatividade 2013

07-03-2013
web engineered by hostname.pt