logo

Certame “Sabores de Chaves”

30-01-2013
   O vindeiro venres 1 de febreiro inaugurarase a oitava edición da mostra 'Sabores de Chaves', que terá lugar ata o domingo 3, e presentará este ano unha imaxe renovada, inaugurando un novo ciclo na promoción e revalorización dos produtos locais de Chaves e Verín.

    Promover os sabores tradicionais xenuínos e auténticos de elevada calidade e reputación son os obxectivos do certame, que este ano conta con 68 expositores/as, dos que 39 son produtores/as agroalimentarios e 29 están adicados á artesanía.

    Neste certamen non falta o fumeiro, o famoso xamón, o Pastel de Chaves, Folar, mel e viño da rexión, acompañados por momentos de animación coa actuación de diversos grupos de Chaves e Verín.

    Nesta edición preténdese dar especial relevancia á conxugación dos esforzos e recursos do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, como instrumento económico e social común. A través da Eurocidade, o certame tamén ampliou a súa participación aos/ás produtores/as e artesáns/nas residentes en Verín, que teñan nesta edición os mesmo beneficios que os de Chaves, mediante a presentación da Tarxeta do Eurocidadán ou comprobante da sede social na Eurocidade  Chaves-Verín, o que permite ampliar a dimensión e escala do evento, nun concepto de complementariedade natural.



PROGRAMA VIII SABORES DE CHAVES
Pavillón Municipal de Chaves


Venres, 1 de febreiro (15  – 21 horas)
15.30 horas Inauguración
16 horas Encontro de Danças e Cantares das Escolas do Concelho. Participación das escolas: EB1 Casas dos Montes, Jardim Escola João de Deus, EB1 Caneiro, EB1 Santo Amaro, Grupo de Cavaquinhos do Centro Escolar, Creche de São Roque, EB1 Curalha e Externato Pinguim
18.30 horas Show Cooking coa Chef Lígia Santos, primeira "masterchef" portuguesa
19.30 horas Associação Alegres Tradições de Vilela do Tâmega

Sábado, 2 de febreiro (11  – 21 horas)
12 horas Rancho Folclórico de Selhariz
16 horas CinquenTUNA - Tuna Académica da USAF
17 horas Rancho Folclórico do Grupo Desportivo e Cultural dos “Ases da Madalena”
18 horas Banda de Gaitas de Verín
19 horas Grupo Canto Alegre
20 horas Associação Cultural Flaviense

Domingo, 3 de febreiro (11  – 21 horas)
12 horas Tuna Laetitia
15 horas Rancho Folclórico da Vila Medieval de Santo Estêvão
16.30 horas Grupo de Danças e Cantares Regionais de Santo Estêvão
18 horas Grupo Cultural e Recreativo de Cela
19.30 horas Rancho Folclórico da Associação Desportiva e Cultural dos “Amigos de Vilas Boas”

Org.: Município de Chaves. Colab.: Associação Chaves Viva, Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín.








web engineered by hostname.pt