logo

2ª Campaña solidaria ESPALLE ALEGRÍA na Eurocidade Chaves-Verín

27-11-2013
A Eurocidade Chaves-Verín por segundo ano consecutivo colabora na iniciativa solidaria que intenta envolver a todos os cidadáns dos dous lados da raia e concienciar aos dous municipios da importancia de axudar nesta época do Nadal aos que menos teñen, sobre todo nestes tempos de crise económica en que moitas persoas teñen dificultades en ter alimentos e xoguetes no Nadal.
A súa axuda é ENORME, por máis pequena que sexa a contribución.

Programación:

  • Cambie un xoguete por un piñeiro de nadal - Centro de Artes Criativas e de Juventude, Sede da Eurocidade (Feces de Abaixo) e Asociación Comercial de Verín (AEVER)
  • 29 novembro Carriños solidarios colocación de carriños para alimentos nos supermercados: DIA, dyd supermercados, Supermercado Robyson, Rosymar supermercado, EROSKI, GADIS.
  • 5 Decembro na sede da Eurocidade - Arranque do Nadal na Eurocidade

  • Campaña de alimentos e xoguetes polas escolas:
Día 4 de Decembro - Escola e Jardim de Infância do Caneiro
Día 5 de Decembro - Jardim de Infância de Nantes
Día 6 de Decembro - Jardim de Infância de Chaves
Día 9 de Decembro - Centro Escolar de Stª Cruz/Trindade
Día 10 de Decembro - Escola de Vila Verde dá Raia
Día 19 de Decembro recollida das caixas solidarias nos colexios: Amaro Refojo, Princesa de España, Mª Inmaculada e Pais Mercedarios

  • Día 7 Decembro en Verín - PARTIDO SOLIDARIO. Campo de fútbol José Arjiz. A partir das 16 h 00. Entrada 3 kg de alimentos non perecedoiros.
  • Día 15 Decembro a partir das 14 h 00 Torneio de Futsal Solidário. A entrada será a entrega dun alimento non perecedoiro.
  • Día 22 Decembro a partir das 15 h 00 no Auditório Chaves - Espetáculo Musical Academia Daniel Louro. A entrada será a entrega dun alimento non perecedoiro.
  • Día 20, 1ª entrega dos alimentos en Verín. (A recollida seguirá ata véspera de Reis)
  • Día 23 de Decembro Recreação dá loja do Pai Natal - Brinquedos para todos

Org.: Gráfica Sinal, Voz da Juventude, Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves, Concello de Verín |
Colaboração: Cruz Vermelha, AEVER, Supermercado Robyson, DIA, Rosymar supermercado, dyd supermercados, GADIS, EROSKI, Verín C.F e Asociación Xuvenil Os Entroideiros e Chaves Viva.


web engineered by hostname.pt