logo

Seminario europeo “A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas"

Durante unha semana os mozos e mozas galegas compartirán as súas realidades con xóvenes europeos de cidades transfronteirizas.
Este seminario está enmarcado dentro do proxecto EUROCIDADE II, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Obxectivos:
  • Visibilizar a realidade da mocidade residente en localidades transfronteirizas.
  • Fomentar a participación xuvenil e a empregabilidade entre a mocidade das zonas europeas transfronteirizas en xeral, e das localidades participantes no seminario en particular.
  • Promover un espazo de intercambio de experiencias entre dinamizadores/as, facilitadores/as e líderes xuvenís de rexións transfronterizas.
  • Proporcionar os medios para a creación dunha rede europea de localidades transfronteirizas de cara a futuros proxectos conxuntos.
  • Xerar novos recursos e ferramentas para a promoción da participación xuvenil en áreas transfronteirizas.

Lingua do seminario: A lingua vehicular empregada durante o seminario será o inglés.

Lugar de realización: Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verín (antigo Posto Tranteirizo, Feces de Abaixo).

Datas de realización: do 19 ao 24 de novembro de 2012

Número de participantes galego-portugueses: 6, dos cales:
  • 2 residentes na Eurocidade Tui-Valença e
  • 4 residentes na Eurocidade Chaves-Verín

Perfil dos/as participantes: animadores, facilitadores/as, dinamizadores e líderes xuvenís residentes nas Eurocidades Chaves Verín e Tui – Valença con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.

Inscricións: Os mozos e mozas interesados/as deberán remitir o formulario electrónico.

Prazo de inscrición: do 17 de outubro ata o 9 de novembro ás 13 :00 horas no seguinte link:

http://xuventude.xunta.es/201209288882/seminario-europeo-a-participacion-xuvenil.html

Os/as persoas seleccionadas seralles comunicada a súa praza mediante un correo electrónico no prazo dos cinco días naturais seguintes á finalización do prazo de inscrición.

Cobertura:
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
  • Transporte no ámbito do seminario

Aclaración de interese: É necesario que os/as  participantes teñan tarxeta sanitaria europea

Para máis información, contactar con:

Julio Varela 
Tel: (0034) 606509611
web engineered by hostname.pt