logo

Maratón de Fútbol -7 'Eurocidade'

21-06-2012
Durante o fin de semana do 21 e 22 de xullo, o municipio de Verín acollerá a o Maratón de Fútbol 7 'Eurocidade', organizado pola Eurocidade Chaves-Verín, a área de Deportes do Concello de Verín e coa colaboración da A.D. Veteranos Verín e Cabreiroá.

Os premios aos que optarán os equipos participantes son os seguintes:
  • 1º Premio (1.500 € máis trofeo),
  • 2º Premio (750 € máis trofeo),
  • 3º Premio (300 € máis trofeo),
  • 4º Premio (Trofeo).
  • Trofeo ao mellor porteiro e xogador.

Os equipos que cumpran as normas de 'Equipo da Eurocidade' tamén poderán optar a outros dous premios:
  • 1º Local (600 € máis trofeo),
  • 2º Local (300 € máis trofeo).
Para optar aos premios locais, os equipos deberán contar como mínimo con sete xogadores pertencentes ao Concello de Verín ao Municipio de Chaves, acreditando a súa residencia coa Tarxeta do Eurocidadán (que poderán solicitar no Concello de Verín e Câmara Municipal de Chaves).
   
Ata o día 6 de xullo, ás 14 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para os equipos da Eurocidade. Despois desa data, todas as vacantes serán cubertas polos restantes equipos ata o martes 17 de xullo, ás 14 horas, cando finaliza o período de inscrición. Devandita inscrición debe realizarse na sucursal Caja Rural de Zamora (Verín), abonando unha cota de 150 euros por equipo (no nº de conta 3085 0082 58 2139271213) e indicando o nome do equipo e teléfono de contacto.
Para máis información poden contactar cos seguintes teléfonos: 645 696 522 e 679 974 483.
web engineered by hostname.pt