logo

Exposición '12 Artistas da Eurocidade'

17-10-2012
A Casa do Escudo de Verín acollerá do 18 de outubro ao 14 de novembro a exposición '12 Artistas da Eurocidade', organizada polo Concello de Verín, Associação Chaves Viva, coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín e o Municipio de Chaves.

En '12 Artistas da Eurocidade' participan doce artistas (pintores, escultores e fotógrafos) verinenses e flavienses: Alvárias, António Pizarro, Carina Nascimento, Julio Pousada, Leonardo, Manuela Cabugueira, Manuela Pinheiro, Manuela Sánchez, Mário Lino, Marisa Pardo, Paulo Fontinha e Pedro Araujo. Esta mostra conxunta pretende retomar a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, dada a enorme riqueza existente no territorio da Eurocidade de artistas plásticos.

Devandita exposición, tras visitar Verín, desprazarase ata a Chaves (do 16 de novembro ao 31 de decembro na Sala Multiusos do Centro Cultura), Vidago (do 04 ao 20 de xaneiro de 2013 na Galeria de Arte Maria Priscila) e en Feces de Abaixo (do 24 de xaneiro ao 23 de febreiro na sede da Eurocidade Chaves-Verín).
 
A inauguración de '12 Artistas da Eurocidade' terá lugar o xoves 18 de outubro, ás 19 horas (horario español), por parte dos rexedores Juan Manuel Jiménez Morán e Joâo Gonçalves Martins Batista, e a mostra poderase visitar de luns a sábado de 17 a 20.30 horas (horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa no 988-411614).
web engineered by hostname.pt