logo

Día Mundial da Infancia

24-05-2012
A Eurocidade Chaves-Verín está desenvolvendo diversas iniciativas educativas e lúdicas para conmemorar o Día Mundial da Infancia, conxuntamente cos/as nenos/as dos municipios de Chaves e Verín, como en anos anteriores.
Este ano, os/as nenos/as verinenses volverán a desprazarse ata Chaves para conmemorar o Día Mundial da Infancia, que terá lugar o próximo 1 de xuño. O lugar das celebracións será o Estadio Municipal de Chaves en horario de mañá, e as actividades estarán destinadas á comunidade educativa de preescolar e primaria da rede pública e privada de Chaves e Verín.
Entre as actividades previstas está a realización dun espectáculo musical infantil coa presenza da Banda do João Ratão, que amenizará aos/ás nenos/as. Tamén terán lugar actuacións das escolas no palco antes do espectáculo musical, presencia de animadores no recinto e lanzamento de globos.
Como en anos anteriores, todas estas actuacións están integradas no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín co obxecto de promover o intercambio de coñecementos entre as comunidades educativas dos dous municipios e proporcionar aos menores unha xornada especial.
web engineered by hostname.pt