logo

Batucada 2012 na Eurocidade Chaves-Verín

19-07-2012
Durante os días 27 e 28 de xullo, a localidade de Verín acollerá a celebración da novena edición da Batucada na Eurocidade Chaves-Verín.

  • O venres 27 arrinca, a partir das 17 horas, a inauguración da Batucada con inchables para os/as nenos/as, xogos populares e unha festa para todos os públicos, coa actuación de Disco-Móvil Jorge, na praia fluvial de Verín. A partir de media noite, nas prazas García Barbón e Maior, Festival de Rock cargo dos grupos Krápulas, Xanonoto e Renegados.

  • O día grande da Batucada, sábado 28 de xullo, ás 17 horas terá lugar a Festa da Auga e a Escuma nas prazas Maior e García Barbón de Verín. Unha festa, con centos de agasallos, amenizada por Disco-Móvil Jorge e presentada por Vidal López, de Cadena 100 Ourense. Ás 19 horas, comezará a Ruta da Batucada, coa participación da batuca Batulethes de Xinzo de Limia e outra portuguesa, que percorrerá diferentes rúas da localidade; seguida da actuación das mesmas por diferentes rúas e prazas de Verín a partir das 23 horas. E a xa ás 24 horas, na praza García Barbón, está previsto o Festival Taste of Ibiza, coa presencia dos DJ's Marcos Peón e Frisco.

Con todo, durante a xornada do 27 de xullo, os/as nenos/as da Ludoteca de Verán celebrará a 'Ludobatucada', un desfile no que participarán máis de cen menores percorrerán as rúas de Verín, e no que lucirán disfraces elaborados por eles/as mesmos/as.
web engineered by hostname.pt