logo

4º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín

09-02-2012


A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a 4ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade  Chaves-Verín”.

Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.

A actividade está dirixida a todas as parroquias de ambos municipios, que poderán participar cun único equipo.

Os xogos realizaranse nos polideportivos dos dous concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos terán lugar no Pavillón Municipal de Chaves e/ou Pavillón Municipal de Verín, coa final marcada para día 10 ou 17 de xuño de 2012

Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 2 de marzo no Centro Cultural de Chaves ou no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade situado na casa consistorial de Verín (de 9 a 14 horas), respectivamente.

web engineered by hostname.pt