logo

1º Festival Coral na Eurocidade

09-07-2012

O vindeiro sábado 14 de xullo, ás 20 horas, a Igrexa dos Padres Mercedarios acollerá a primeira edición do Festival Coral na Eurocidade Chaves-Verín.

 Neste festival participarán o Coral 'Ecos do Avia' (Beade), Coral de Chaves e Asociación Verinense 'Amigos da Música' (Verín), que interpretaran temas como A nena da fonte, Brinda por min, No niño novo do vento, Jesu Rex Admirabilis, Quam Pulchra, Agnus Dei, Mocina dame un besín, De colores, La perla ou De colores, entre outras.

O I Festival Coral na Eurocidade Chaves-Verín enmárcase dentro do programa de actividades culturais desenvolvido pola Eurocidade, como o recente 'Encontros de Teatro', destinado a fomentar unha colaboración conxunta entre ambos municipios na organización de actividades comúns, para promover a participación e intercambio de espectáculos nos dous territorios, mobilizar aos/ás veciños/as dos dous lados da fronteira para crear un sentimento de eurocidadanía e pertenza a un único territorio; así como para incentivar a cooperación territorial transfronteiriza a través de compartir equipamentos e unha xestión equilibrada de recursos, evitando a duplicidade de equipamentos e custos.

No mesmo, organizado pola Asociación Verinense ‘Amigos da Música’, colaboran Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín, Município de Chaves, Cabreiroá, Denominación de Orixe Monterrei e PCT Puertas de Galicia.

web engineered by hostname.pt