logo

"Sabores & Saberes" 2012

25-01-2012
A Eurocidade Chaves-Verín participa, por quinto ano consecutivo, na mostra ‘Sabores e Saberes’, que se terá lugar os días 3, 4 e 5 de febreiro no Pavillón Municipal de Chaves.

O fin desta participación da Eurocidade, que contará cunha caseta atendida por técnicos do Gabinete de Apoio Técnico, é informar aos visitantes sobre as actuacións pasadas e futuras desenvolvidas neste proxecto de cooperación transfronteiriza, así como divulgar e promover as tradicións artesanais, festivas e gastronómicas da comarca de Verín-Monterrei, a través da exposición de produtos da zona ao longo destas tres xornadas.

    Na tarde do sábado 4 de febreiro, un grupo de cigarróns pertencente a Asociación O Cigarrón de Verín desfilará polo recinto feiral, e ademais terán lugar as actuacións da Banda de Gaitas do Concello de Verín e do Coral de Verín (organizado pola Asociación Verinense de Amigos da Música).

    ‘Sabores e Saberes’ trátase dunha mostra destinada a exposición e venda de produtos locais, que tamén conta cun festival gastronómico no que se ofrecen pratos típicos da zona de Chaves e con animación cultural, por parte de grupos tradicionais. Unha iniciativa que xa chegou a súa sétima edición devolve ás tradicións gastronómicas e artesanais o seu lugar na comunidade, converténdose nun medio promocional turístico global da rexión e nun motor do desenvolvemento económico local constituíndose como un importante instrumento de requalificación territorial. A mesma, na que participarán 78 expositores -40 do sector agroalimentario e 38 de artesanía local e rexional- actúa como catalizadora de novos e emerxentes mercados, esenciais para o desenvolvemento industrial, turístico e comercial; que funciona como unha vitrina dos produtos de calidade, locais e rexionais, e promove a transferencia de tecnoloxías e o investimento na industria e infraestrutura con consecuentes impactos positivos na economía local e nacional.
web engineered by hostname.pt