logo

VII Maratona BTT – “Rota do Presunto”

07-09-2011


O BTT Club de Chaves está organizando, una vez máis, unha nova edición da “Rota do Presunto” que este ano terá lugar o 18 de setembro.
Na roda de prensa do pasado día 5, foi presentado o evento, que xa celebra a súa sétima edición e o cal, por segundo ano consecutivo, conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, principal promotora da maratón.

A “Rota do Presunto” é xa un evento deportivo con grande impacto no que a participación se refire na cidade de Chaves. O ano pasado contou con máis de 1.072 persoas, que viñeron de diferentes localidades de Portugal e de España.

Os participantes poderán escoller un dos tres recorridos - maratón, media maratón y mini maratón – con distancias aproximadas de 90 km, 50km y 25km.
 O recorrido desenrolarase en territorio portugués  español, promovendo de esta forma a converxencia deportiva, cultural e ambiental entre as cidades de Chaves e de Verín.

As inscricións atópanse abertas no site www.bttclubedechaves.net ata o día 12 de setembro e inclúe dorsal, xersei, avituallamento ao largo do percorrido, seguro de accidentes e comida de confraternización.
os acompañantes non foron esquecidos pola organización e ese día haberá actividades de animación, como unha andaina en colaboración coa asociación de camiñantes de Chaves.

Recordar que a Eurocidade Chaves-Verín leva feito diversas interaccións, dirixidas aos cidadáns, que pretenden promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre as dúas cidades que pasan a utilizar a fronteira como unha oportunidade de desenrolo territorial e socioeconómico , promovendo a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre a poboación Chaves e Verín.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

web engineered by hostname.pt