logo

Termatalia 2011

14-09-2011

Por cuarto ano consecutivo, Chaves e Verín estarán presentes conxuntamente na Feira Internacional de Turismo Termal “Termatalia”, que se realizará entre os días 23 e 25 de setembro, en Expourense.

Durante os tres días de feira, os visitantes poderán coñecer o stand da Eurocidade co lema “Eurocidade da Auga”. Dito stand, que é utilizado en todas as feiras que se realizan no ámbito da Eurocidade, está formado por oito paneis con imaxes representativas dos municipios de Chaves e Verín. A Casa do Escudo e a figura do “Cigarrón” (Verín) e a Torre do Menagem e o Centro Histórico de Chaves, son algunhas das imaxes que os visitantes de Termatalia poderán ver nos paneis, unidos póla auga mineral e o termalismo e representados pólo río Támega e os diferentes balnearios de ambas localidades.

Ademais poderán coñecer mellor as accións en curso deste proxecto de cooperación transfronteiriza, o visitante terá a súa disposición persoal especializado das Termas de Chaves: o SPA do Imperador, que o informará das indicacións terapéuticas, técnicas termais e ofertas existentes neste complexo termal.

Este ano, no programa do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, que se celebra de forma paralela con Termatalia, está prevista a realización, o Domingo, dia 25 de setembro, de un tour transfronteirizo con saída de Ourense e que contempla a visita ás Termas de Chaves, a o Parque Termal de Vidago e, finalmente, às Termas das Pedras Salgadas. Cerca de 40 especialistas de prestixio internacional formarán parte do grupo de visitantes que irá a coñecer as prácticas termais destes tres complexos termais do Alto Támega.

Termatalia converteuse nun referente mundial para os profesionais do turismo termal, coa participación de expositores dos catro continentes, e actuando como lazo de unión entre Europa e América Latina. Con accións consolidadas como a bolsa de Emprego, Misións comerciais de importadores e operadores de turismo, o Encontro Internacional sobre a Auga e, Termalismo, Bar de Augas ou as recreacións de Espazos Balnearios, converteron a esta feira nun encontro importante no mercado do turismo de saúde.

web engineered by hostname.pt