logo

Día Mundial da Infancia 2011

27-05-2011
A Eurocidade Chaves-Verín está desenvolvendo diversas iniciativas educativas e lúdicas para conmemorar o Día Mundial da Infancia, conxuntamente cos/as nenos/as dos municipios de Chaves e Verín, como en anos anteriores.

Os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño terán lugar no Estadio Municipal de Chaves obradoiros de danza e vida saudable, pinturas faciais e globoflexia, xogos lúdicos e deportivos, e un gran parque de inchables no interior deste recinto. Nesta edición participarán máis de 3.500 nenos/as procedentes dos dous lados da fronteira e contará coa presenza de 'Chavín', a mascota da Eurocidade.

Devandita actividade, celebrada xa nos dous anos anteriores, está integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e busca promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os ‘eurocidadáns’
web engineered by hostname.pt