logo

3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín

14-01-2011
A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a 3ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade  Chaves-Verín”.

Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.

A actividade está dirixida a todas as parroquias de ambos municipios, que poderán participar cun único equipo.

Os xogos realizaranse nos polideportivos dos dous concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos terán lugar no Pavillón Municipal de Chaves e/ou Pavillón Municipal de Verín, coa final marcada para día 5 de xuño de 2011, enmarcada dentro das actividades da 8ª Semana do Deporte Flaviense.

Os equipos de Chaves e Verín, interesados en participar na competición, deberán inscribirse ata o vindeiro 18 de febreiro no Centro Cultural de Chaves ou no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade situado na casa consistorial de Verín (de 9 a 14 horas), respectivamente.
web engineered by hostname.pt