Os días 16,17 de Novembro (Chaves) e
14,15 de Novembro (Verín) terá lugar a III
Semana da Educación e Seguridade Viaria.
Esta actividade arrancará con unha exposición de
“Material Didáctico sobre seguridade viaria” e co Seminario
Internacional “VII Xornadas de Seguridade, Hixiene e Saúde no
Traballo (Seguridade sen Fronteiras)” unha iniciativa que
ten como obxectivo promover conxuntamente, nas dúas
cidades, a educación e seguridade viaria.
Seguirán Exhibición de Medios das forzas de orde e
seguridade de ambos Municipios (Guarda Nacional Republicana,
Polícia de Segurança Pública e Bombeiros de Chaves, Xefatura
Provincial de Tráfico, A.G.C. Tráfico de Verín, Policía Local
de Verín, Guardia Civil de Verín, Cruz Vermella Monterrei,
Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín), circuítos de karts, simulacros de
excarcelacións…para todos os nenos participantes das escolas de
Chaves e de Verín co fin de sensibilizar aos máis pequenos
sobre educación e seguridade viaria.
3ª Semana da Educación e Seguridade Viaria
31-10-2011