logo

Xornadas do Emprendedor na Eurocidade Chaves-Verín

23-11-2010

Nunha situación económica e social como a actual é especialmente necesaria a creación de novos postos de traballo e tratar de manter os xa existentes. Para alcanzar estes obxectivos é necesario impulsar e apoiar a figura de homes e mulleres con espírito emprendedor, tanto os que xa crearon empresa no seu día coma os que nun futuro, máis ou menos próximo, o poderán facer.
Organízase así o Día do Emprendedor dedicado especialmente a estes dous colectivos: os emprendedores do presente e do futuro.

Pensando neles, están previstas accións que sirvan para dar a coñecer casos de éxito, oportunidades de negocio, servizos de apoio existentes, novas liñas de traballo a seguir e iniciar procesos de asesoramento que permitan crear empresas a curto prazo.

Día: 9 de Decembro

Lugar: Centro Cultural de Chaves

Horario: 9:30h a 17:00h (hora local)

Para máis información contacten co Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade.


web engineered by hostname.pt