logo

Termatalia 2010

14-10-2010

Un ano máis, e son xa tres, a Eurocidade Chaves-Verín estará presente en Termatalia 2010 (Feira Internacional de Turismo termal) que se celebrará os días 15, 16 e 17 de Outubro no recinto feiral de Expourense.
Este ano os visitantes poderán achegarse o novo stand da Eurocidade Chaves-Verín onde poderán coñecer o patrimonio termal-mineral das súas augas, a historia e o turismo destes dous municipios tan unidos dende a antigüidade.

Termatalia converteuse no referente mundial para os profesionais do turismo termal,coa participación de expositores de catro continentes, destacando a súa aposta pola conexión entre Europa e América Latina.
Coa auga como nexo común, nesta feira móstrase non só a realidade do sector senón tamén os seus valores e ofertas.
O público visitante será premiado pola súa fidelidade con sorteos de estanzas en balnearios, centros de talasoterapia e spas.
Dende a Eurocidade Chaves-Verín invitámolos a participar: "Veña a somerxerse na cultura da auga".
HORARIO DE FEIRA: de 11:00 a 20:00 horas (ininterrompido)

Máis información en www.termatalia.com

web engineered by hostname.pt