logo

4º EMAX - Encontro e Mostra Asociativa Xuvenil de Portugal e Galicia

18-10-2010

O 4 º EMAX - Encontro e Mostra asociativa Xuvenil de Portugal / Galiza vai decorrer na fin de semana do 20 e 21 de novembro do 2010, no Pavillón Municipal da Cidade de Chaves. A participación das Asociacións pódese encadrar en 2 modalidades principais :

  • Encontro de Asociacións Xuvenís - momento dado aos dirixentes asociativos para que sexan reflectidos temas de interese común, con foco particular sobre a relación de cooperación transfronteiriza e nas oportunidades que de aí proveñen;
  • Mostra asociativa Xuvenil - espazo para compartir experiencias asociativas e mostra pública do traballo desenvolvido polas asociacións xuvenís pasando polas máis distintas áreas, desde o Cine, Teatro, Artes, Deporte, Animación, Prensa, Formación, entre outras. Cada asociación poderá amosar, in situ e dunha forma dinámica o seu traballo. Daráselle prioridade  ás propostas de actividades interactivas co fin de involucrar aos visitantes e participantes en tódolos espectáculos.


Queremos que este Encontro sexa un espazo aberto: un momento para reflexionar e expresar a propia asociación, o contacto con experiencias paralelas que constitúen a súa multiplicidade, a consolidación da conciencia de pertencer ao movemento que todos construímos  xuntos, afirmando a importancia de asociacións de xoves para desarrollar unha sociedade máis xusta e intercambiar experiencias entre xóvenes e ás asociación de ambos países :España e Portugal.

Este evento só será un éxito se compartimos e participamos todos. Contamos convosco!

Chaves, 20 e 21 de novembro de 2010
Inscripcións hasta el 2 de Novembro
Inscríbete xa!


www.fnaj.pt/inscricao.aspx
www.fnaj.pt/docs/insc4emax.pdf

web engineered by hostname.pt