Para concretar a colaboración entre Chaves e Verín, no ámbito do proxecto da Eurocidade, establecéronse diferentes medidas e accións que materializan o concepto de cidade única transfronteiriza e na cal os cidadáns de ambos concellos asumen, como unha realidade efectiva, a convivencia nun espazo xeográfico común que lles proporciona servizos e bens compartidos e de calidade e que lles ofrece as oportunidades e vantaxes resultantes da convivencia nun espazo fronteirizo europeo. O Municipio de Chaves e o Concello de Verín, no ámbito do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, achegan a toda a eurocidadanía servizos que antes se restrinxían a penas aos residentes nos seus municipios. Pero a colaboración existente non se restrinxe só ás iniciativas provenientes dos dous municipios. Existe xa unha serie de colaboracións entre entidades nacionais, rexionais ou axentes locais que solicitan a implementación de servizos comúns, de modo de dar unha resposta conxunta a necesidades comúns.
En novembro de 2007, inaugurouse o Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade (con sedes en Verín e en Chaves), un punto de contacto e de atención ao público para todos os asuntos referentes ao proxecto e funcionando de forma itinerante entre Chaves e Verín. Actualmente, o Gabinete encóntrase en funcionamento na Casa do Concello de Verín, estando previsto trasladarse a comezos de 2011 para a antiga Alfándega española, en Feces de Abaixo. Aquí localizarase o “Portelo da Eurocidade”, que servirá como local de atención e de información ao eurocidadán sobre cuestións fronteirizas e outros asuntos ou actividades relacionados coa Eurocidade Chaves-Verín.
En xullo de 2008, foi asinado un protocolo de colaboración
entre o Concello de Verín e o Municipio de Chaves para ofrecer
as mesmas condicións de uso de certos servizos municipais aos
eurocidadáns. No caso das Termas de Chaves, os verineses
poderán beneficiarse dos mesmos descontos que os flavienses,
chegando ata un 60% de desconto sobre o prezo de tarifa en
estancias prolongadas. E en Novembro de 2008, foi asinado outro
protocolo de cooperación que permitiu a elaboración de
programas de turismo de saúde e benestar para diversas idades e
segmentos. Os participantes poden recibir tratamentos nas
Termas de Chaves ou Spa do Emperador, en paquetes
especificamente elaborados en programas a editar
periodicamente, con descontos superiores ao 50% sobre os prezos
de tarifa establecidos polas Termas.
Termas
de Chaves
En xullo de 2008, foi asinado un protocolo de colaboración entre o Concello de Verín e o Municipio de Chaves para ofrecer as mesmas condicións de uso de certos servizos municipais aos eurocidadáns. A partir dese momento, os eurocidadáns poderán beneficiarse das mesmas tarifas e condicións nas instalacións deportivas de Verín, como por exemplo, nas Piscinas Climatizadas de Verín ou no Pavillón Deportivo de Verín.
Desde xaneiro de 2009 a Biblioteca Municipal de Chaves proporciona os seus servizos á poboación do concello de Verín. Con este motivo, adaptou o seu funcionamento, respecto dalgúns dos servizos prestados, dos documentos e da forma en que estes poden circular entre os municipios dos dous lados da fronteira. Destacar, ademais, que os eurocidadáns de Verín teñen igualmente acceso ao carné de lector da Biblioteca, para deste xeito poder facer un mellor uso dos seus servizos. Posteriormente, a Biblioteca Publica Municipal do concello de Verín colocou a disposición dos flavienses os mesmos servizos dispoñibles aos verineses en la biblioteca, como aceso a internet, préstamo de libros y participación en actividades. Estes servizos buscan promover o gusto polo libro e pola lectura, así como o desenvolvemento educativo e cultural de todos os eurocidadáns. Desta maneira, dende o punto de vista cultural e de promoción da lectura, as bibliotecas municipais da Eurocidade fixeran a súa contribución para o reforzo da eurocidadanía, adaptándose a esta nova realidade cooperativa.
Biblioteca
Municipal de Chaves
O Centro transfronteirizo do Centro de Respostas Integradas (CRI) de Vila Real, do Instituto da Droga e da Toxicodependencia (IDT), foi construído en Decembro de 2007 no ámbito da iniciativa comunitaria de cooperación transfronteiriza INTERREG III-A. Esta estructura destínase ao tratamento de toxicodependentes e traduce unha materialización da actuación conxunta entre a Delegación Rexional do Norte do IDT e a súa homóloga galega, o SERGAS. O Centro Transfronteirizo de Chaves, máis alá de abranguer a rexión do Alto Támega, serve tamén aos usuarios da Provincia de Ourense e, especialmente, da Mancomunidade de Verín-Monterrei, constituíndose como o primeiro servizo transfronteirizo na Eurocidade.