Benvido á páxina oficial da Eurocidade Chaves-Verín.
A cidadanía europea non se impón por tratados concertados ao máis alto nivel, senón que se constrúe no día a día da vida dos seus cidadáns.
A contribución de Chaves e Verín para unha “Nova Europa” maniféstase en actuacións concretas que involucran ás persoas, que traducen o seu desexo de camiñar xuntas no presente e no futuro.
Desta forma, a presenza, o apoio e o compromiso de entidades rexionais e nacionais na Eurocidade Chaves-Verín, proxecto europeo de cooperación transfronteiriza, é natural e fai xurdir novos e exigentes desafíos que imos vencer.