logo

4ª Semana da Educación e Seguridade Viaria

A Semana da Educación e Seguridade Viaria realízase na Eurocidade Chaves-Verín  desde o 2009 e representa o maior evento de seguridade viaria na fronteira luso-española. As diferentes accións desenroladas están destinadas a sensibilizar a poboación de ambas cidades, especialmente os máis novos, das diversas formas correctas de comportamento na educación e seguridade viaria.

Entre as actividades realizadas durante o evento hai que destacar: charlas, seminarios, circuítos de karts, exhibición de cans, exhibición de materiais de aprendizaxe sobre seguridade viaria, excarceracións e prácticas das forzas de seguridade e forzas policiais de Portugal e España en situación de emerxencia.

Nesta semana, a Eurocidade Chaves- Verín organiza o 1º Foro de Cooperación Transfronteiriza en Seguridade Viaria.

Neste evento colabora a Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, Agrupación Guarda Civil de Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Guarda Civil de Verín, Cruz Vermella de Monterrei, Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín, Guarda Nacional Republicana, Polícia de Segurança Pública, Corporações de Bombeiros de Chaves, Protección Civil, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín.

Máis información:
http://gl.eurocidadechavesverin.eu/cultura/ver-evento/50009d2f39905/i-foro-de-cooperacion-transfronteriza-en-seguridad-vial 

web engineered by hostname.pt